AREAS DE NEGOCIO servizos administración
Asesoramento e Subvenciones
Unha parte da nosa empresa dedícase ao asesoramento a titulares de explotacións agrarias no marco do Contrato de Explotación Sustentable (CES).
Prestamos servizo de asesoramento acerca dos diferentes aspectos da Condicionalidade en Galicia, analizando a situación da explotación mediante visitas en campo e propoñendo solucións. Realizamos os trámites administrativos e elaboramos os documentos necesarios, para o cobramento das axudas da PAC e do CES, así como calquera outro trámite que necesite o titular da explotación.
Dispoñemos dun servizo de atención telefónica no que resolvemos dúbidas frecuentes acerca de temas como subscritores, carga gandeira, fitosanitarios, lexislación, comunicacións oficiais do FOGGA, parcelas do SIXPAC e en xeral calquera cuestión relacionada co bo funcionamento da explotación.
Tamén realizamos análise de terra e da produción final, para coñecer os niveis de fertilidade do chan, ou se os produtos presentan residuos de pesticidas.
Catastro
Podemos ofrecerlle actualizacións catastrais, altas, baixas, modificacións, detección de cambios, agrupacións, segregacións, concordancia da base gráfica coa base numérica do Catastro, localización de parcelas, definición de lindes, 901 N, 902 N, 903 N e 904 N.
¿Non aparece a súa parcela no catastro?
Ás veces despois dunha renovación ou actualización do catastro algunha parcela pode "desaparecer". Ese problema, mais habitual no catastro de rústica, é producido por unha agrupación de parcelas por parte dos técnicos que executaron a cartografía base, probablemente debido a que os lindes aparentes desaparecesen. O catastro ponse exposición pública antes de pasar a definitivo, e se non existen reclamacións valídase. A solución é sinxela, pero complícase se pasa moito tempo.
¿No corresponden os metros de escritura cos do catastro?
Esta situación é do mais normal. Vén producida por diferentes motivos. Ata hai non demasiado tempo existían diferentes unidades de medida de superficie (celemines, fanegas...) cuxa equivalencia a metros cadrados varía dunha rexión a outra, ás veces dun pobo a outro e isto producia diferenzas de superficie da realidade á escritura.
Hai que ter en conta que os medios para determinar superficies tampouco eran os que temos actualmente, aínda que eran na súa maioría o suficientemente precisas como para ser inapreciables. Por último, tamén é posible que os metros do catasro se correspondan coa situación actual e real da parcela, á que algún dos lindantes lle quitou unha parte no pasado.
¿Que prevalece catastro ou rexistro da propiedad?
O noso catastro, forma parte dos denominados catastros latinos, non son un elemento xurídico que asegure a propiedade, o fin do catastro é un fin recadatorio, identifica e relacións superficies, valores e propietarios co único fin de establecer un tributo. Neste tipo de catastros non ten importancia a situación do linde porque a suma de superficies do termo, ou a suma dos tributos, é sempre a mesma independentemente do que o pague. O que prevalece é o rexistro. Se ben, a falta doutra documentación, o catastro e/ou o pagamento dos seus tributos derivados pode ser empregado para reclamar unha propiedade. Os catastros xermánicos, teñen carácter recadador e aseguran a propiedade.
¿Necesita un acordo de colindantes?
Para unha modificación de lindes en catastro é necesario o acordo entre lindantes. Sen este acordo a D.G. do Catastro non pode modificar o linde, salvo que de oficio se poñan en contacto cos lindantes e obteña o seu consentimento, ou que os lindes modificados se sitúen sobre un elemento físico histórico, tipo muro de pedra, muralla, rio,….
Para os concellos.
Podemos axudalo a xestionar mellor os tributos derivados do catastro. Dispoñemos dunha ampla base de datos de voos fotogramétricos o que nos permite reducir tempos e reducir custos. Tomando como base estas fotografías aéreas podemos realizar unha actualización das bases catastrais do seu municipio. Localizar novas construcións, modificacións ou cambios de uso e tramitar ante a Dirección Xeral do Catastro a documentación necesaria. Todo iso a través dun convenio de colaboración que permite ao concello unhas condicións de pagamento especiais.